QUEREMOS DEIXAR CONSTANCIA DE TODOS E TODAS As PERSOAS E EMPRESAS, PEQUENOS NEGOCIOS, QUE NOS APOIAN, APOIO QUE DE NON EXISTIR NON SERIA POSIBLE LEVAR A CABO ESTA CITA.
ESTA CLARO QUE O PODER, O PODER COMO "é a habilidade de influír no comportamento doutras persoas de xeito deliberado e na dirección prevista." NON É CONTEMPLADO POLA NOSA BANDA COMO ALGO REAL CON RELACIÓN Á POESÍA.
Non, só nesta festa clandestina que os de abaixo cultivamos dun xeito empedernida, terca e definitiva, esta nosa forza, a nosa capacidade de levar a cabo esta voadura do medo, da mediocridad e a miseria.
E AQUÍ QUEREMOS EXPRESAR A nosa GRATITUD A TODOS E TODAS As QUE FAN POSIBLE ESTA MARABILLOSA COLLEITA DE ESPUMA DOS DÍAS E DO PORVIR.
BAR CAZADORES
TABERNA O CANDIL
BAR O CLAVEL
BAR IRLANDA
PUB PAPILLÓN
OS AMIGOS Y AMIGAS DA POESÍA SALVAXE
O CLUB DE LECTURA DE POESÍA DA BIBLIOTECA,
A NOSA ASOCIACIÓN CULTURAL "FUCO BUXAN",
LENDO POESÍA,
E UNHA COLABORACIÓN MOI ESPECIAL DE CRISTINA FERNANDEZ
SÁINZ DE LA MAZA y JUAN MANUEL ALVAREZ ROMERO.
E Os licores de Ferrolterra coa Poesía Salvaxe
- Licores Rivas (Ferrol) con Breogan.
- Licores Meigas Fora (Fene) con Meigas Fóra.
- Keltium Spirits (Narón) con O Carallazo! & Arre Carallo!!.
O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA QUERE MANIFESTAR O SEU APOIO DECIDIDO Á SEMANA DE POESÍA SALVAXE CUXA VII EDICIÓN TERÁ LUGAR NA NOSA CIDADE OS DÍAS 24 E 25 DO PRESENTE MES.
ESQUERDA UNIDA ACUSA O GOBERNO DE REY VARElA DE FALTA DE ALTURA DE MIRAS E DE APLICAR CONDICIONAMENTOS IDEOLÓXICOS NA SÚA POLÍTICA CULTURAL AO NON APOIAR O CITADO EVENTO.
O grupo municipal de Esquerda Unida aposta por unha visión estendida do feito cultural, pola recuperación da palabra e dos espazos públicos como lugares de coñecemento, de reflexión e de beleza. Como é inherente aos nosos posicionamentos a nosa organización entende a cultura como un dereito colectivo, unha ferramenta eficaz de progreso social e de consecución da igualdade entre os nosos veciños.
Esquerda Unida coñece, respecta e valora a importancia das formas que conforman a tradición do noso pobo pero do mesmo xeito sempre estaremos na vangarda para impulsar novas maneiras creativas ou formas de achegamento aos potenciais receptores desas expresións artísticas. Entendemos a modernidade como un valor, unha forma de mover o mundo, de resituar a nosa sociedade en parámetros máis acordes coa visión dun ser humano máis completo e desenvolvido nas súas posibilidades e en definitiva máis comprometido e feliz na súa existencia.
O grupo municipal de Esquerda Unida considera fundamental recuperar a palabra. Fronte a esta sociedade numérica, de datos económicos que esconden unha terrible realidade e de grises tecnócratas pedimos o verbo, o enunciado preciso, a rima xusta e oportuna que revelen todo aquilo que non é doadamente cuantificable pero que é ao final a vida, coñecemento fundamental para impulsar a revolución que entendemos como imprescindible.
Esquerda Unida acusa ao goberno local do PP de actuar baixo premisas ideolóxicas e de medo como corresponde a unha ideoloxía que pretende manter á inmensa maioría da poboación nuns parámetros de docilidade que posibiliten as súas políticas miserables e cobizosas. Rey Varela non apoia a poesía na rúa, o alcalde teme a axitación cultural.
O grupo municipal de Esquerda Unida quere agradecer a todos aqueles que nunha ou outro xeito participaron ao longo das distintas edicións da Poesía Salvaxe e especialmente a Karlotti Valle e Guillermo Ferrandiz a súa paixón para manter o citado evento malia todas as dificultades encontradas.
Esquerda Unida recorda que foi durante o seu breve pero intenso período de xestión na área de cultura doConcello de Ferrol cando xurdiu esta cita poética. Dende o primeiro momento apoiamos algo que entendiamos novidoso e importante e do mesmo xeito así foi recoñecido dende numerosos medios de comunicación. O noso grupo municipal anuncia que proximamente, cando volvamos gobernar, recuperaremos unha colaboración que nunca debeu perderse.
CORENTA E OITO HORAS COA PALABRA ENCARNADA NOS DENTES.
Ferrol, 15-4-2014
HOTEL SUIZO
E MAIS QUE FAREMOS CONSTAR SEM DUBIDA, E QUE TEÑEN QUE PERDOAR O DESCUIDO MOMENTÁNEO.